Podes ter o teu blogue en blogaliza, pero con enderezo propio. So tes que solicitalo ao administrador.
En caso de que xa teñas o dominio rexistrado, terás que facer o preciso para que a configuración de DNS teña un rexistro de tipo A que coa dirección IP do servidor de blogaliza (78.46.43.18). Para iso terás que botar unha ollada ao panel de administración do teu rexistrador.
En caso de que non o teñas, nós podemoscho rexistrar por un módico prezo. Dende 20 euros/ano para .net, .org e .com.